DIVISIÓN A
Establecementos e actividades industriáis
IN609M Rexistro de empresas instaladoras ou reparadoras de aparellos a presión

Para poder instalar ou reparar equipos a presión deberá inscribirse no Rexistro de Empresas Instaladoras ou Reparadoras de Equipos a Presión que administran as xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria.

Esta inscrición substitúe ás antigas autorizacións de empresa instaladora ou reparadora de equipos a presión e terá validez en todo o territorio español de xeito indefinido.

Se unha empresa con sede en Galicia quere inscribirse deberá presentar a Declaración responsable en réxime de establecemento.

Se unha empresa establecida nun estado membro da UE quere desenvolver esta actividade en réxime de libre prestación debe presentar a Declaración responsable en réxime de libre prestación.

Mediante estas declaracións, as empresas indican que cumpren os requisitos establecidos na lexislación de aplicación e que se responsabilizan de que a execución ou as reparacións das instalacións se van efectuar segundo as normas e requisitos establecidos na lexislación de aplicación.

A consellería poderá, en calquera momento que o considere necesario, solicitar a documentación que estime oportuno para a comprobación do cumprimento dos requisitos que se declaran, pero esa documentación non se debe achegar coa declaración responsable.