DIVISIÓN A
Establecementos e actividades industriáis
IN609L Rexistro de empresas frigoristas

Para poder realizar instalacións frigoríficas deberá inscribirse no Rexistro de Empresas Frigoristas que administran as xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria.

Esta inscrición substitúe á antiga autorización de empresa instaladora de instalacións frigoríficas a presión e terá validez en todo o territorio español de xeito indefinido.

Se unha empresa con sede en Galicia quere inscribirse deberá presentar a Declaración responsable en réxime de establecemento.

Se unha empresa establecida nun estado membro da UE quere desenvolver esta actividade en réxime de libre prestación debe presentar a Declaración responsable en réxime de libre prestación.

Mediante estas declaracións, as empresas indican que cumpren os requisitos establecidos na lexislación de aplicación e que se responsabilizan de que a execución das instalacións se vai efectuar segundo as normas e requisitos establecidos na lexislación de aplicación.

A consellería poderá, en calquera momento que o considere necesario, solicitar a documentación que estime oportuno para a comprobación do cumprimento dos requisitos que se declaran, pero esa documentación non se debe achegar coa declaración responsable.

Instalación