DIVISIÓN A
Establecementos e actividades industriáis
IN609G Rexistro de empresas mantedoras de protección contra incendios

Para poder manter instalacións de protección contra incendios deberá inscribirse no Rexistro de Empresas Instaladoras de Protección Contra Incendios que administran as xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria.

Esta inscrición substitúe á antiga autorización de empresa mantedora de protección contra incendios e terá validez en todo o territorio español de xeito indefinido.

Se unha empresa con sede en Galicia quere inscribirse deberá presentar a Declaración responsable en réxime de establecemento.

Se unha empresa establecida nun estado membro da UE quere desenvolver esta actividade en réxime de libre prestación debe presentar a Declaración responsable en réxime de libre prestación. Mediante estas declaracións, as empresas indican que cumpren os requisitos establecidos na lexislación de aplicación e que se responsabilizan de que o mantemento das instalacións se vai efectuar segundo as normas e requisitos establecidos na lexislación de aplicación.

A consellería poderá, en calquera momento que o considere necesario, solicitar a documentación que estime oportuno para a comprobación do cumprimento dos requisitos que se declaran, pero esa documentación non se debe achegar coa declaración responsable.