DIVISIÓN A
Establecementos e actividades industriáis
IN609P Rexistro de empresas instaladoras ou reparadoras de produtos petrolíferos líquidos

Para poder instalar ou reparar instalacións de produtos petrolíferos líquidos deberá inscribirse no Rexistro de Empresas Instaladoras ou Reparadoras de Produtos Petrolíferos Líquidos que administran as xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria.

Esta inscrición substitúe ás antigas autorizacións de empresa instaladora ou reparadora de instalacións de produtos petrolíferos líquidos e terá validez en todo o territorio español de xeito indefinido.

Se unha empresa con sede en Galicia quere inscribirse deberá presentar a Declaración responsable en réxime de establecemento .

Se unha empresa establecida nun estado membro da UE quere desenvolver esta actividade en réxime de libre prestación debe presentar a Declaración responsable en réxime de libre prestación.

Mediante estas declaracións, as empresas indican que cumpren os requisitos establecidos na lexislación de aplicación e que se responsabilizan de que a execución ou as reparacións das instalacións se van efectuar segundo as normas e requisitos establecidos na lexislación de aplicación.

A consellería poderá, en calquera momento que o considere necesario, solicitar a documentación que estime oportuno para a comprobación do cumprimento dos requisitos que se declaran, pero esa documentación non se debe achegar coa declaración responsable.