Formación
IN612A Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial

Para poder realizar a actividade de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia, é necesario inscribirse no Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial que administran as xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria.

Para realizar a inscrición, que ten vixencia indefinida, deberá vostede presentar unha comunicación.

Mediante a comunicación, a empresa responsabilízase de cumprir os requisitos establecidos na lexislación aplicable e de realizar a actividade segundo o disposto na dita lexislación.

A consellería poderá, en calquera momento que o considere necesario, solicitar a documentación que estime oportuno para comprobar o cumprimento dos requisitos que se declaran.