Todo o que debes saber

Oficina Virtual de Industria

A Oficina Virtual de Industria é a ferramenta que a Comunidade Autónoma de Galicia pon a disposición da cidadanía e das empresas como porta de acceso á información actualizada e servizos en liña relacionados cos procedementos vinculados á Subdirección Xeral de Administración Industrial da Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

A Oficina Virtual de Industria permite iniciar a presentación de solicitudes na Sede electrónica da Xunta de Galicia, así coma realizar a consulta online da información actualizada do estado de tramitación dos procedementos vinculados ao órgano competente en materia de Enerxía e Minas. Tamén permite o acceso á relación de empresas rexistradas no ámbito da seguridade industrial na Comunidade autónoma de Galicia (empresas que executan, modifican ou manteñen instalacións de electricidade, gas, calefacción,...) e as entidades de formación habilitadas no dito ámbito (entidades nas que, en determinadas circunstancias, as persoas que desexen estar habilitadas deben seguir un curso previo a un exame).

Qué xestións podo facer?

• Realizar a presentación electrónica de solicitudes, achegando a documentación requirida para o trámite, a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia e mediante o uso da sinatura electrónica. No mesmo acto vostede recibirá no seu enderezo electrónico unha copia rexistrada cun código de acceso que permitirá que unha persoa distinta acceda ao seu expediente dunha forma segura.

• Realizar o pagamento das taxas administrativas de forma integrada na presentación a través da Oficina Virtual Tributaria da Xunta de Galicia. O pagamento de taxas só é posible dende a ligazón que aparece no propio formulario de solicitude.

• Consultar e modificar os seus expedientes.

• Consultar as empresas e as entidades de formación rexistradas no ámbito da seguridade industrial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Qué necesito?

Os requirimentos técnicos da Oficina Virtual de Industria son os mesmos que os da Sede electrónica. Nesta páxina pode consultar se o seu ordenador ou dispositivo cumpre os requirimentos técnicos precisos para facer presentacións electrónicas. Conta tamén con información de axuda para configurar algunhas aplicacións necesarias e para realizar unha presentación electrónica empregando diferentes navegadores.

Non obstante, determinadas consultas pode realizalas co denominado “Código de acceso”. A través deste código ou número secreto e mediante o uso dun certificado dixital, os usuarios da Oficina Virtual de Industria poderán acceder ás presentacións electrónicas realizadas previamente, para a súa consulta ou modificación.

Dito código será proporcionado unicamente ao declarante ou titular (no caso dos rexistros de instalacións, tamén á empresa instaladora), a través do acuse de recibo que se remitirá unha vez realizada a presentación electrónica do formulario de solicitude.

A fin de garantir a identidade do solicitante, en caso de que a persoa identificada no certificado dixital usado para realizar a modificación ou cesamento dos datos non coincida coa que figura como declarante ou titular, tras a actuación, xerarase un novo Código de acceso que se remitirá ao novo solicitante co acuse de recibo correspondente.

Onde podo acudir?

Atendémolo

Para calquera dúbida, aclaración ou problema sobre o funcionamento dos servizos da Oficina Virtual, pode chamar ao teléfono 012, de luns a venres (non festivos) de 8:00 h a 20:00 h ou enviar un correo electrónico a 012@xunta.es.

Guías de axuda

Desde os enlaces seguintes pode vostede descargar varios documentos de axuda:

Guía rápida de usuarioAbre una nueva ventana

Documento de resolución de problemas frecuentesAbre una nueva ventana

Que normativa podo consultar?

Qué certificados se admiten?