DIVISIÓN A
Establecementos e actividades industriáis
IN633A Rexistro de organismos de control

O Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial, establece que a habilitación dos organismos de control corresponde ao órgano competente da comunidade autónoma onde estes inicien a súa actividade ou radiquen as súas instalacións.

En Galicia, os organismos de control están regulados mediante o Decreto 54/2011, do 24 de marzo, polo que se regula a autorización e a actuación dos organismos de control en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nota: De acordo co Real decreto 2200/1995, as autorizacións outorgadas aos organismos de control terán validez para todo o ámbito do estado, aínda que aqueles antes de actuar nunha comunidade autónoma distinta que a que os autorizou deberán notificar a súa intención ao ministerio con competencias en materia de industria, que dará traslado inmediato ás comunidades autónomas correspondentes.