DIVISIÓN A
Establecementos e actividades industriáis
IN617B Inscrición / modificación / baixa na división A do Rexistro Industrial de Galicia

Se vostede é o titular dunha industria, actividade ou instalación industrial das indicadas no artigo 3.1 do Decreto 115/2000, do 11 de maio, debe inscribir o establecemento na división A do Rexistro Industrial de Galicia, xestionado polas xefaturas territoriais da Consellería de Economía de Industria.

Artigo 3.1 do Decreto 115/2000, do 11 de maio:

a) Actividades dirixidas á obtención, reparación, mantemento, transformación ou reutilización de produtos industriais, envasado, embalaxe e aproveitamento, recuperación e eliminación de residuos ou subprodutos, calquera que sexa a natureza dos recursos e procesos técnicos utilizados e, se é o caso, as instalacións que estas precisen.

b) As actividades de xeración, distribución e subministración de enerxía e produtos enerxéticos.

c) As actividades de investigación, aproveitamento e beneficio dos depósitos minerais e demais recursos xeolóxicos, calquera que sexa a súa orixe e estado físico.

d) As instalacións nucleares e radiactivas.

e) As industrias de fabricación de armas e explosivos e as que se declaren de interese para a defensa.

f) As industrias alimentarias, agrarias, pecuarias, forestais e pesqueiras.

g) As actividades industriais relacionadas co transporte e as telecomunicacións.

h) As actividades industriais relativas ao medicamento e á sanidade.

i) As actividades industriais relativas ao fomento da cultura.

Para facelo, deberá presentar a declaración responsable correspondente ao procedemento IN617B. No dito documento vostede declara, baixo a súa responsabilidade, que cumpre cunha serie de requisitos de carácter normativo que se indican de forma detallada no propio formulario.