Instalacións
IN623A Inscrición/Modificación no rexistro de instalacións de almacenamento de G.L.P. en depósitos fixos

Se vostede, como persoa física ou en representación dunha empresa, quere solicita-la autorización dunha nova instalación de almacenamento de GLP en depósito fixo ou a modificación dunha instalación xa existente, deberá presentar, antes de inicia-las obras, a correspondente solicitude e o proxecto por duplicado ante a xefatura territorial da consellería de Economía e Industria.

Se a instalación é do tipo A-0, A-1, E-0, E-1, e no prazo dun mes, a partir da data de presentación do proxecto, o titular non recibiu ningunha solicitude de aclaración, poderá ordena-lo comezo das obras.

Se a instalación é do tipo A-2, A-3, A-4, A-5, E-2, E-3, deberá ser autorizada previamente para poder ordena-lo comezo das obras.

Unha vez terminadas as obras e realizadas as probas de ensaios e no seu caso verificacións que correspondan, deberá entregar a documentación que llo acredite para solicita-la posta en servicio das instalacións.