Instalacións
IN624A Inscrición/Modificación no rexistro de instalacións de almacenamento de produtos petrolíferos para o seu consumo na propia instalación.

Os titulares de instalacións petrolíferas de almacenamento para o seu consumo na propia instalación deben inscribir estas instalacións no correspondente rexisro perante a xefatura territorial da consellería competente en materia de industria.

Terán consideración de instalacións de almacenamento para o seu consumo na propia instalación:

a. Instalacións industriais fixas (fornos, queimadores para aplicacións diversas, etc).

b. Instalacións de almacenamento de recipientes móbiles que conteñan carburantes e combustibles para uso industrial.

c. Instalacións de combustibles para calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

d. Instalacións fixas para usos internos non productivos nas industrias (grupos electróxenos, etc)

e. Instalacións destinadas a subministrar combustibe e/ou carburante a medios de transporte interno, que operen só dentro das empresas (carretillas elevadoras, etc).

f. Instalacións destinadas a subministrar combustible e/ou carburante a maquinaria, que non sexa vehículo.

As ditas instalacións de almacenamento divídense en tres categorías a efectos da documentación a presentar para realizar a súa inscrición no rexistro en función da súa capacidade de almacenamento e os productos contidos:

1. Instalacións que requiren proxecto:

>300 litros-emprazamento interior (clase B).

>3000 emprazamento interior (clase C e D).

> 500 litros-emprazamento exterior (clase B).

> 5000 litros-emprazamento exterior (clase C e D).

2. Instalacións que non requiren proxecto:

300≥Q≥50 litros-emprazamento interior (clase B).

3000≥Q>1000 litros-emprazamento interior (clase C e D)

500≥Q≥100 litros-emprazamento exterior (clase B)

5000≥Q>1000 litros-emprazamento exterior (clase C e D)

3. O resto das instalacións de almacenamento de capacidade inferior ás anteriormente establecidas, quedan excluídas do trámite administrativo de inscrición.