Instalacións
IN624B Inscrición/Modificación no rexistro de instalacións de almacenamento de produtos petrolíferos para o subministro de combustible a vehículos propios

As empresas titulares dunha instalación de subministro de carburantes e combustibles pertrolíferos a vehículos, que non sexa unha estación de servizo ou unha instalación propiedade dunha cooperativa, deberán inscribir estas instalacións no Rexistro de Establecementos Industriais da Comunidade Autónoma.

Para conseguir o anterior deberán solicitar a inscrición/modificación de instalacións de almacenamento de productos petrolíferos para o subministro de combustible a vehículos propios perante a xefatura territorial da Consellería de Economía e Industria correspondente.

As ditas instalacións de subministro divídense en dúas categorías a efectos da documentación a presentar para realizar a súa inscrición no rexistro, en función da súa capacidade de almacenamento e os productos contidos:

1. Instalacións que requiren proxecto:

>300 e >3.000 Litros-Interior (clase B)

>500 e >5.000 Litros-Exterior (clase C e D)

2. Instalacións que non requiren proxecto:

300 <=3.000 Litros-Interior (clase B)

500 <=5000 Litros-Exterior (clase C e D)