Instalacións
IN628A Rexistro/modificación de instalacións de almacenamento de produtos químicos

Se vostede, como responsable ou titular dunha empresa, quere poñer en servicio unha instalación para o almacenamento de productos químicos, debe presentar perante a Consellería de Economía e Industria a solicitude de autorización, acompañada da documentación que mais adiante se sinalan.

As solicitudes deberán cumpri-los requisitos establecidos nas instruccións técnicas complementarias referidas o almacenamento de líquidos inflamables e combustibles, almacenamento de óxido de etileno, almacenamento de cloro, almacenamento de amoníaco anhídrido, almacenamento de botellas e botellóns de gases comprimidos, licuados e disoltos a presión, e almacenamento de líquidos corrosivos.