Instalacións
IN614C Rexistro de Instalacións Eléctricas de Baixa Tensión

As instalacións eléctricas ás que lle sexa de aplicación o dito Regulamento, antes da súa posta en servicio, deberán rexistrarse na correspondente Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria facendo uso do presente procedemento.

Para iso, deberán depositarse o certificado da instalación, emitido polo instalador autorizado, xunto co resto da documentación técnica e no seu caso o certificado de dirección de obra e o certificado de inspección inicial na Xefatura Territorial correspondente, recibindo o interesado as copias dilixencias necesarias para a constancia de cada interesado e para a solicitude de subministro de enerxía.