Instalacións
IN621A Rexistro de instalacións frigoríficas

A instalación, ampliación, modificación ou traslado de plantas e instalacións frigoríficas requerirán previamente á posta en servicio, a presentación ante a correspondente xefatura territorial da consellería de Economía e Industria dictame favorable de seguridade subscrito por técnico titulado competente no que se acredite o cumprimento das condicións de seguiridade contidas no correspondente regulamento e instruccións técnicas.

Cando haxa existido dirección de obra non será necesario dictame de seguridade senón que bastará a presentación do certificado de dirección de obra previsto no artigo 30 do regulamento.

Segundo as características ou a importancia das instalacións, as xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, esixirán a presentación dun certificado de dirección de obras, e no seu caso, ademais, antes de iniciarse o montaxe da mesma, un proxecto de instalación, subscritos ambos por técnico titulado competente.

A clasificación das instalacións, a efectos da esixencia dun certificado, e no seu caso, dun proxecto previo, e os datos que deben figurar nos mesmos quedan determinados pola ITC MI-IF 014.

Deberá presenta-lo certificado de dirección de obra:

-Instalacións para as que se require presenta-lo certificado de dirección de obra:

1. Cámaras de atmosfera artificial e instalacións que utilicen refrixerantes dos grupos segundo e terceiro.

2. Cámaras frigoríficas que utilicen refrixerantes do grupo primeiro con potencia eléctrica ou térmica de accionamento superior a 10 Kw. e igual ou inferior a 30 Kw.

3. Instalacións de aire acondicionado que utilicen refrixerantes do grupo primeiro con potencia eléctrica ou térmica de accionamento superior a 10 Kw. e igual ou inferior a 15 Kw.

-Instalacións que requiren dirección de obra e proxecto:

1. Instalacións de máis de 500 metros cúbicos de cámaras.

2. Cámaras frigoríficas cunha potencia total de accionamento de compresores de máis de 30 Kw.

3. Instalacións de aire acondicionado cunha potencia total de accionamento de compresores de máis de 15 Kw.

-Instalación que requiren dictame de seguridade: as do ámbito de aplicación do regulamento:

1. Instalacións frigoríficas, quedando excluídas as correspondentes a medios de transporte aéreos, marítimos e terrestres, que se rexerán polas súas disposicións específicas. Así mesmo quedan excluídas as instalacións que se detallan a continuación:

* Instalacións frigoríficas con potencia absorbida máxima de 1 Kw., que utilicen refrixerantes do primeiro grupo.

* Instalacións de acondicionamento de aire, ata un máximo de potencia absorbida de 6 Kw, que utilicen refrixerantes do primeiro grupo.