Instalacións
IN657A Inscrición no rexistro de aparellos de elevación (guindastres torre)

Antes de que se realice a primeira utilización da guindastre torre, a empresa deberá presentar diante da consellería de Economía e Industria a documentación necesaria para proceder á súa inscrición no rexistro de aparellos de elevación referente a guindastres torre.

O guindastre torre deberá inscribirse nos seguintes casos:

1. Guindastre novo.

2. Guindastre xa comercializado anteriormente na U.E.

3. Guindastre torre antigo con outros usos distintos das obras.

Os requisitos variarán segundo o tipo de guindastre. Indícanse abaixo polo número correspondente.