Instalacións
IN620A Rexistro de instalacións de seguridade contra incendios en establecementos industriais

Os establecementos industriais de nova construcción e os xa existentes que se trasladen, cambien ou modifiquen a súa actividade.

- Aqueles establecementos industriais no que se produzan ampliacións ou reformas que impliquen un aumento da súa superficie ocupada ou un aumento do nivel de risco intrínseco. Se aplicarán estas esixencias á parte afectada pola ampliación ou reforma, que con carácter xeral se considera que será o sector ou área de incendio afectado, requiquiran, de forma previa á posta en servizo, a presentación ante a correspondente xefatura territorial da Consellería de Economía e Industria dun proxecto da instalación de protección contra incendios asinado por un técnico titulado competente e visado polo seu colexio oficial correspodente.

Beneficiarios:

- Os establecementos industriais.

- Os almacenamentos de calquera tipo de establecemento cando a súa carga de fogo total, calculada segundo o anexo I, sexa igual ou superior a tres millóns de Megajulios (MJ).

- As industrias existentes antes da entrada en vigor deste regulamento cando o seu nivel de risco intrínseco, a súa situación ou as súas características impliquen un risco grave para as persoas, os bens ou o entorno, e así se determine pola Administración autonómica competente.

- Quedan excluídas do ámbito de aplicación deste regulamento as actividades industriais e os talleres artesanais e similares cuxa densidade de carga de fogo, calculada de acordo co anexo I, non supere 10 Mcal/m2 (42 MJ/m2), sempre que a súa superficie útil sexa inferior ou igual a 60 m2, excepto no recollido nos apartados 8 e 16 do anexo III.

Poderá substituírse o dito proxecto por unha memoria técnica da instalación asinada así mesmo por técnico titulado competente, só nos casos previstos no apartado 3 do artigo 4º do regulamento.