Instalacións
IN608B Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións

Se vostede vai usar un guindastre torre para facer unha obra ou para calquera outra aplicación, deberá solicitar a autorización para a posta en servizo perante a xefatura terriotorial da Consellería de Economía e Industria.

Para a montaxe do guindastre deberá contratar os servizos dunha empresa instaladora autorizada e para o seu manexo contará con persoal que posúa o carné de gruista correspondente.