Instalacións
IN625A Rexistro de instalacións receptoras de gases combustibles

Se vostede, como persoa física ou en representación dunha empresa, quere efectua-lo rexistro dunha instalación receptora de gases combustibles, deberá solicita-lo ante a xefatura territorial da Consellería de Economía e Industria nos seguintes casos:

a). As instalacións individuais, para calquera clase de usos, cando a potencia nominal de utilización sexa superior a 70 Kw (60,2 te h).

b). As instalacións comúns para calquera clase de usos sempre que a potencia nominal de utilización simultánea das instalacións individuais a que se alimenta sexa superior a 700 Kw (60,1 te h).

c). As acometidas interiores para calquera clase de usos sempre que a potencia nominal de utilización simultánea das instalacións a que se alimenta sexa superior a 700 Kw (602,1 te h).

d). As instalacións receptoras alimentadas a partir de botellas ou envases de GLP, con capacidade unitaria superior a 15 quilogramos de gas, sempre que a capacidade total de GLP, incluídas tanto as botellas en servicio como as de reserva, sexa superior a 350 quilogramos. No proxecto incluiranse tanto as referidas botellas, como as súas condicións de almacenamento. Así mesmo, esixirase proxecto nas instalacións receptoras con botellas de capacidade unitaria inferior a 15 quilogramos, cando a capacidade total dos envases conectados (en servicio e en reserva) sexa superior a 200 quilogramos de gas.

e). As instalacións receptoras alimentadas desde un centro productor de gas combustible no que o gas é un subproducto, ou nas que o gas se obteña na mesma planta (na que se encontra a receptora) como subproducto dun proceso industrial, de síntesis, biogás, etc., cando a potencia nominal de utilización simultánea sexa superior a 70 Kw ou existan na planta depósito de almacenamento de gas fixos ou móbiles, de capacidade superior a 1,0 m3 N. No proxecto incluiranse estes depósitos, e, no seu caso, o detalle do proceso a partir do que se obtén o gas combustible e os equipos que para isto se precisen.

f). Aquelas outras instalacións receptoras que polas súas características especiais precisen proxecto de acordo cos regulamentos técnicos en vigor.

g). As instalacións receptoras, subministradas desde redes que operen a unha presión de servicio efectiva superior a 4 bar, para calquera clase de usos, independente da potencia nominal de utilización simultánea.